luns, 1 de xuño de 2020

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O XOGO "XAQUE AO VIRUS" CHEGA  AO SEU FINAL ACADANDO CASE 40.000 ANTIVIRUS OBTIDOS POLOS 27 CENTROS PARTICIPANTES TRAS 10 SEMANAS DE XOGO.


UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA),  XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.

O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:



SÓ NOS QUEDA AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS E A COLABORACIÓN DESINTERESADA DE MÚSICOS, ACTRICES, ESCRITORES E DEMÁIS PERSONALIDADES DO MUNDO DA CULTURA QUE ANIMASTES A PARTICIPAR AOS NENOS E NENAS DOS DIFERENTES COLEXIOS DA CIDADE.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!

venres, 29 de maio de 2020

Ata sempre!

O primeiro que queremos facer e darvos as grazas por acompañarnos todo este tempo e facer moito máis levadeiro o xaque ó virus.

Os monitores que levamos a cabo este blog: Hugo, Ramón, David e Natalia, quixemos facer máis divertido o tempo que non podíamos sair da casa e agardamos cumplir este obxetivo. Hoxe toca despedirse pero ata dentro de pouco que xa nos poderemos volver ver e xogar todos xuntos.

Moitas grazas a tod@s os que participáchedes no blog mandando as vosas fotos e videos, e como non podería ser doutra forma teredes como agasallo e recoñecemento  un diploma e unha medalla.
A entrega de diplomas e medallas terá lugar no Fórum Metropolitano (Parque Europa), os días 1,2 e 3 de xuño de 16:00 a 18:00, coma o Fórum ainda non está aberto ó público, na entrada deberedes identificarvos e será obligatorio o uso de mascarilla.

Rapaces e rapazas non cambiedes nunca porque sodes xeniais e uns campións! Grazas por ser así!

Ata pronto!


mércores, 27 de maio de 2020

Reto Final

E para rematar este xogo de Xaque ao Virus despedimonos cun reto moi especial cheo de bicos para todos os nenos e nenas do cole.

Convidamosvos a celebrar con nós e con todos os vosos compañeiros e compañeiras estes tres meses de esforzos e confinamento facendo un lipdub para encher de bicos tódalas casas. É moi doado, só tedes que gravaros cantando e desfrutando coa vosa familia a canción "un beso redondo" de Conchita, como fixemos nós.


Aquí tedes a canción en formato MP3 para facer o voso vídeo. Animádevos, esperamos os vosos lipdubs.
https://drive.google.com/file/d/1-0R7rvzrqz-8UVwYukiv7DDAdoJNdfeq/view?usp=drivesdk


*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:
fapasmariabarbeito@gmail.com


*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

luns, 25 de maio de 2020

Reto 28

Ola a todo@s!
Xa estamos na derradeira semana desta aventura que durante estes meses foi o blog do noso cole.
Seguimos animándovos a participar mandando os vosos fotos e videos.

Hoxe, coma sempre propoñemos outros dous novos retos.
O reto mental e o seguinte...


E como reto físico temos un que é moi divertido, seredes uns verdadiros ninjas, colocaredes cintas nun pasillo da vosa cada e teredes despois que atravesalo sin tocar as cintas como se amosa no seguinte video...



Agardamos as vosas respostas, vémonos o mércores!



*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:




*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:





Xogo en casa

XOGO EN CASA

SESIÓNS VINDEIRA SEMANA:


Recorda que se queres participar debes enviarnos un correo o enderezo deste blogue

Mandarémosche a ID e o contrasinal para acceder directamente a sesión escollida a través da aplicación de ZOOM

sábado, 23 de maio de 2020

Campamentos de verán

Compartimos con vos a información sobre os campamentos de verán do concello, que saíu onte mesmo, para facilitar a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto. Toda a información premendo no enlace de abaixo. 


https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-veran-2020

venres, 22 de maio de 2020

ZOOM FÚTBOL

MOI BOAS!!! Mañá ás 4:30 da tarde terá lugar unha reunión en zoom para todos os futboleiros. Xa se vos informou por whatsapp por parte de Ramón. Vos agardamos. Por motivos de seguridade se pedirá contrasinal para a reunión, podedes pedila tanto por un dos grupos de whatsapp como por correo.


Ligazón á reunion: