Reto 5

Moiiii boaaaas!! Chegou a hora de sumar novos retos á nosa lista. Esperemos que vos gusten.
Xa que o ultimo día tivestes que fabricar os vosos propios virus hoxe vades a ter que dar vida a un guerreiro pra combatir eses inimigos que fixechedes. Como base para facelos vos propoñemos o tubo do rollo de papel hixienico pero, tedes total liberdade, a imaxinacion manda. Votade man de todo o que vos deixen usar vosos pais. Vos mostramos alguns exemplos...😄


Para sobrelevar a  cuarentena dun xeito adecuado a parte de comer ben, asearse, etc. Hai que ter moita paciencia e actitude positiva para non desesperarse nin desanimarse. Por iso os retos fisicos de hoxe van encamiñados a practicar o equilibrio, para o que se require calma, concentracion e moita moita... paciencia .


Convidamoste coma sempre a que ademais de relizar os retos nos mandes fotos e videos para sumar puntos. Cada membro da familia ou amigos que realice as actividades e saia nas fotos e videos son puntos extra.Recordade a dirección de correo é fapasmariabarbeito@gmail.com. Compartide o blog con quen queirades sexa ou non do colexio cantos máis mellor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario