Hoxe deixamosvos uns retos moi divertidos e sinxelos para pasar un bo rato na casa.
Para manter a "mente en forma" os deixamos un vídeo no que aprenderedes a facer unha marioneta con materiais que temos na casa.
E para manter o "corpo en forma" os propoñemos xogar a "tinieblas", un xogo de escondite moi divertido para os nenos. Pódese xogar de maneira tradicional, ás escuras, un conta ata vinte e os demáis agóchanse sen facer ruído. Ou tamén, para os máis peques que lles pode dar medo a escuridade, pódese xogar tapándolle os ollos o que pilla e xogando coas luces acesas. Moi importante nos dous casos, os que están agochados non deben facer ningún ruido e tampouco moverse para non darlle pistas o que pilla e que non o descubran.
*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:
*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario