Para manter o corpo en forma e derrotar o virus propoñemosvos dous bailes, a elexir o que máis vos guste, no que deberedes aprender/seguir a coreografía que vos ensinamos nos videos que tedes máis abaixo. Grabádevos facendo a coreografía que elixades e enviádenola á dirección de correo, e así conseguiremos moitos "antivirus" nesta loita que estamos a xogar cós outros colexios.
E para manter a mente en forma, hoxe imos coñecer mellor o noso enimigo. Para iso utilizando materiais que teñades por casa (plastilina, xogos de construcción, e tódolo que se vos ocorra), debedes construir/crear o voso "Coronavirus". Aquí abaixo unha mostra feita por nós para que vexades. Sorprendédenos coas vosas creacións e enviádenolas.
Moito ánimo e a xogar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario