Reto 1

A unión fai a forza!
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida, xa que será o que nos axude a gañar moitas batallas e como non, esta non é menos.

Así que comecemos por facer noso este lema e, sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obrigatorio nestos días uníndonos e facéndonos fortes: #QuedaNaCasa

O reto consiste en facer visible este #QuedaNaCasa con debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.
Se conseguimos ter un mínimo de 25 mostras, obteremos os 10 "antivirus" (puntos) necesarios para subir de nivel no xogo Xaque ao virus.

Es quen de facelo?  Sinxelo, non? Pois adiante!!


Se estás interesado en que se publique a resposta
do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario