Reto 9

Moi bos días a todas e todos!! Toca mostrarvos as actividades que pensamos para vós e as vosas familias e amigos hoxe.

A primeira delas é ORIGAMI.
O origami é a arte de crear figuras de obxectos e animais dobrando unha folla de papel da maneira axeitada. A continuacion compartimos con vos un video no que se explica como facer unha serie de animais e obxectos pero... hai infinidade de figuras e podedes atopar en internet como facer case calquera cousa que se vos veña á cabeza. Non vos quededes só en conseguir facer a figura, cando acabedes de facela pintadea ao voso gusto, seguro que conseguides diseños xeniais!!!



Moitas veces nas pelis os villanos agochan cousas en camaras secretas e, para recuperalas os superheroes teñen que pasar por probas e trampas ata chegar a elas. Un exemplo:


Nesta ocasion nós, coma heroes contra o coronavirus que somos vamos a facer un pasillo láser polo que deberemos cruzar sen que éstes  nos toquen.
Para facelo debemos ter un rollo de cinta, lá, papel crepé, hilo ou calquera material que simule o que serían os laseres e, para pegalos ás paredes deberemos usar calquera adhesivo de quita e pon ( cinta illante, cinta de enmascarar...)
O resultado sería parecido ao seguinte:


Agora só queda ver quen é capaz nas vosas casas de cruzar o pasillo sen ser tocado polos lasers, SORTE HEROES!!

*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario