Reto 21

Boas a tod@s!
 Outra semana máis que xa remata e un día menos para pronto volver xogar todos xuntos 👏👏👏

Hoxe voltamos a deixar dous novos retos, o primeiro deles é un xogo que teredes que construir vos mesmos, é o xogo da rá, que consiste en meter un número determinado de fichas nos múltiples buratos  que terán diferentes puntuacións  e que ten a mesa da rá.
Para fabricar o xogo precisaredes o seguinte material:
- dous rouliños de papel hixiénico ou de cociña
- tapóns de botella
-cartulina ou unha caixa
-cores e a vosa imaxinación.
 Na seguinte foto amosámosvos un exemplo de como quedaría o xogo...


E como reto físico de hoxe para facelo precisaredes un pao dunha vasoira ou fregona e teredes que facer o que se amosa no seguinte video: 


                                            

Estamos desexando ver as vosas fotos ou videos destes retos!


*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:
fapasmariabarbeito@gmail.com

*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Ningún comentario:

Publicar un comentario