Reto 10

Despois dunha Semana Santa moi especial e estrana, é momento para a reflexión e a relaxación. Hoxe deixámosvos dúas actividades que convidan a elo. Animádevos e mandade as vosas respostas nunha foto ou nun vídeo.

Para manter o corpo en forma, toca relaxarse e estirar os músculos que xa están un pouco agarrotados despois de catro semanas na casa. Tedes que ver o vídeo que vos deixamos abaixo e intentar copiar as posturas de ioga que nos ensina. Seredes capaces de facer a postura do gato, do can , da serpe e da abella, intentádeo.

E para manter a mente en forma, hoxe os convidamos a pensar no momento en que xa podamos sair da casa con total normalidade. ¿A onde vos gustaría ir? pois ese é o reto que vos propoñemos, pensa e despois mediante un debuxo ou unha pequena redacción ou un vídeo dinos onde estades desexando ir cando todo isto remate. ¡¡Veña moita forza, xa queda menos!!


*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario