domingo, 10 de maio de 2020

Reto 22

Ola, comezamos semana e tamén comezamos fase. Xa sabedes que a partir de hoxe xa podemos saír e ver a familiares e amigos, pero coma sempre con moito sentidiño, respectando as normas e facendo caso a papá e a mamá. Moito ánimo, que dentro de pouco xa estaremos todos xuntos xogando de novo.

O outro día descubrimos quen era María Barbeito, unha mestra que loitou pola educación pública e pola igualdade na mesma. Pero sabemos que tamén se preocupaba polos máis desfavorecidos, así gracias a ela creouse a famosa "festa das flores" que hoxe coñecemos polas "banderitas" ou as "pegatinas" da Cruz Vermella.
Por iso, como recoñecemento a esa labor que fixo, hoxe o reto de "mente en forma" vai ir adicado a ela. Entre todos imos facer un montón de flores de papel. É moi doado, a continuación os deixamos un vídeo tutorial onde imos aprender nun intre.

Quedan moi bonitas. 

A parte de "corpo en forma" imos facer un circuíto pequeniño que intentaremos facer no menor tempo posible. A ver quen consegue baixar de 90 segundos. Intentádeo!! 
No seguinte vídeo podemos ver como é. 


*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:
fapasmariabarbeito@gmail.com

*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Ningún comentario:

Publicar un comentario