Reto 13

Boas rapazas e rapaces!
 Xa estamos nunha nova semana e iso quere dicir que xa queda menos para que poidamos volver sair todos á rúa! 👏👏👏

Hoxe deixámosvos outros dous novos retos...

Para o primeiro deles teredes que ser moi rápidos e orixinais. O que tedes que facer e poñervos tódalas prendas de roupa posibles en 45 segundos, pero lembrade que a orixinalidade e moi importante, por exemplo poñerse algun disfraz, bailar, cantar... o que se vos ocorra.

E o reto mental que teredes que facer será un reto no que traballedes a coordinación, equilibrio, salto, lateralidade e memorización de secuencia. No seguinte video amosámosvos en que consiste.



Agardamos os vosos videos e fotos! 



*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario