Introdución

Xogo virtual
XAQUE AO VIRUS




· Que é "Xaque ao Virus"?
É unha proposta en liña para o fomento da saúde, tanto mental como física, adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo Coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares rexistrados nos programas municipais “Deporte no Centro”, “Ocio Educativo” e “ Luditarde”, para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias rexistradas nos devanditos programas.

· Obxectivo do xogo:
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para acadarunha serie de puntos ou “antivirus” necesarios para derrotar ao Coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.

· Que son os Retos?
Son probas sinxelas que tes que superar para acumular puntos para o teu centro educativo. Cada reto estará formado por dúas probas:
- Proba "CORPO EN FORMA": serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte, e que poderás facer en casa.
- Proba "MENTE EN FORMA": serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as superarás facilmente.
Os retos publicaránse no bloque do xogo creado para o teu centro os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

Puntuación do reto:
1 foto = 1 punto
1 vídeo = 10 puntos
* Outra foto dun membro da familia, dun amigo que non esté no mesmo colexio ou nestas actividades, sumará tamén 1 punto. Do mesmo xeito, un vídeo sumará 10 puntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario