Chegou a hora do segundo reto neste xogo.
No primeiro reto tivemos moito éxito e entre todos, alcanzamos a puntuación necesaria para comezar a combater ao inimigo, así que é hora de seguir aumentando o noso poder na loita.
O reto de hoxe consiste nos seguintes xogos:
- En primeiro lugar, deberás escribir a frase "xaque ao virus" utilizando obxectos que atopes na túa casa e, na medida que sexa posible, obxectos que axudan no día a día a combater ao virus.
De cada obxecto contará a letra inicial, isto é: (X)abrón (A)rmario (Q)ueixo... e así sucesivamente ata formar a frase.
O resultado pódese mandar nun collage formado por imaxes ou debuxos dos obxectos, ou tamén grabando un vídeo explicando a construción da frase mostrando os obxectos empregados.
- En segundo lugar, o turno do reto físico. Para isto, precísase a axuda da familia ao completo, o que non vai ser doado. Consiste en coller unha toalla de tamaño medio (non valen alfombras grandes nin toallas de praia, o mellor é unha toalla de baño) e estendela no chan para que toda a familia se coloque enriba dela.
O obxectivo é que lle deades a volta e vos coloquedes todos na outra cara da toalla sen tocar o chan. Buscade un sitio o máis espacioso posible, non queremos feridos nin xarróns rotos jajaja.
Moita sorte a todas e todos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario