Boas a todas e todos, unha vez máis, temos novo reto para vós!
- Como reto físico traémosvos un xogo chamado "Xigantes e ananos", para este, precisaredes como mínimo a unha persoa que compinta contra vós e a outra que diga as ordes.
A persoa que non compinte, ao que poderíamos chamar director, irá dicindo aleatoriamente as palabras "xigantes" e "ananos". Cando o director di "xigante", os xogadores teñen que permanecer de pé (ou incluso saltar), en cambio se di "anano", estes terán que se agachar.
No caso de que un se equivoque, é descalificado e así ata que só quede un.
- Como reto mental temos "os detectives" onde teredes que descifrar unha mensaxe oculta que crearán os vosos pais para encontrar un tesouro (coma unha bolsa de gominolas, por exemplo).
Aquí va un exemplo de cómo sería a mensaxe: "RPAA LGALER LA SORTEO ULTOCO SEBED CZARRU EL PIOAT ED LA LESACUE EN DLAGOINA. TRDEÁS DE NUA ACTAME OCN NAU APNTLA, ÁALLHARS EL RSOOTE RAPA IT".
E a resposta sería: "Para llegar al tesoro oculto debes cruzar e patio de la escuela en diagonal. Detrás de una maceta con una planta, hallarás el teso para ti".
Espero que vos gusten os xogos de hoxe, cuidádevos moito e sempre con sentidiño na rúa!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
MOI BOAS!!! Mañá ás 4:30 da tarde terá lugar unha reunión en zoom para todos os futboleiros. Xa se vos informou por whatsapp por parte de R...
-
Moi boas a tod@s!!! Seguimos precisando toda a axuda posible para conseguir gañarlle a loita a este virus que nos ten metidos na casa! En...
-
Bos días, para esta fin de semana os temos preparado unhas probas super divertidas, esperamos que vos gusten e que disfrutedes moito con ela...
Ningún comentario:
Publicar un comentario