luns, 30 de marzo de 2020

A movelo corpo!

Moi boas rapaces!

Estamos agardando as vosas respostas en forma de video ou fotos para sumar puntos nesta loita conxunta. Recibimos unha axuda extra da monitora de ximnasia ritmica do noso centro que tamén  se animou a bailar un pouquiño de Zumba porque ela tamén queda na casa.

Así que xa sabedes... facede coma ela e animádevos a bailar un pouco! 👏👏👏


Reto 4

Moi bo día nenos e nenas. Hoxe para comezar a semana con forza e enerxía temos un reto moi movidito.

Para manter o corpo en forma e derrotar o virus propoñemosvos dous bailes, a elexir o que máis os guste, no que deberedes aprender/seguir a coreografía que vos ensinamos nos videos que tedes máis abaixo. Grabadeos facendo a coreografía que elixades e enviadenola á dirección de correo, e así conseguiremos moitos "antivirus" nesta loita que estamos a xogar cós outros colexios.




E para manter a mente en forma, hoxe imos coñecer mellor o noso enimigo. Para iso utilizando materiais que teñades por casa (plastilina, xogos de construcción, e todolo que se vos ocorra), debedes construir/crear o voso "Coronavirus". Aquí abaixo unha mostra feita por nós para que vexades. Sorprendedenos coas vosas creacións e enviadenolas. Moito ánimo e a xogar!!!




sábado, 28 de marzo de 2020

Boas novas

Hoxe recibimos correo dun dos nosos cativos, que se une coma un guerreiro máis na loita fronte ó virus. Moitas grazas a Anxo por participar neste xogo e animámolo a facer tamén o terceiro reto que vos deixamos onte.

Ánimo e forza!


venres, 27 de marzo de 2020

Reto 3

Moi boas a tod@s!!!

Seguimos precisando toda a axuda posible para conseguir gañarlle a loita a este virus que nos ten metidos na casa!
Entón propoñemos o terceiro reto e animámosvos a participar coas vosas familias, recordade que cantos máis mellor!

 -A primeira parte do reto consiste en facer un castelo de naipes, que sexa o máis orixinal e alto posible!  Como por exemplo o da seguinte foto...




- E na seguinte parte do reto tedesvos que inxeniar para facer unha pequena portaría con cousas que teñades por casa e facervos cunha pelota pequena, coma por exemplo unha de tenis. Despois o que tedes que facer e situarvos a uns 2’5 metros da portaría lanzala pelota coa man intentando darlle ós palos laterais (5 puntos), ó largueiro (10puntos) e á esquina (15 puntos), co obxetivo de acadar 400 puntos en 5 minutos.                       
Tede coidado coa vosa puntería que non queremos cousas rotas!


Moito ánimo a tod@s e agardamos as vosas respostas!




Resposta Reto 2

Bos días chicos e chicas!

Pronto teremos un novo reto para conseguir moitos puntos na nosa loita contra o virus. Recordade, cantos máis seamos máis antivirus acadaremos, avisade os vosos amigos e amigas das actividades para que se animen a compartir os retos connosco.

Deixamosvos abaixo unha mostra do reto 2 feito por Ivan e Sergio. Moito ánimo a todos e a seguir co xogo.


mércores, 25 de marzo de 2020

Reto 2

Moi boas!!

Chegou a hora do segundo reto neste xogo.
No primeiro reto tivemos moito éxito e entre todos, alcanzamos a puntuación necesaria para comezar a combater ao inimigo, así que é hora de seguir aumentando o noso poder na loita.

O reto de hoxe consiste nos seguintes xogos:
- En primeiro lugar, deberás escribir a frase "xaque ao virus" utilizando obxectos que atopes na túa casa e, na medida que sexa posible, obxectos que axudan no día a día a combater ao virus.
De cada obxecto contará a letra inicial, isto é: (X)abrón (A)rmario (Q)ueixo... e así sucesivamente ata formar a frase.
O resultado pódese mandar nun collage formado por imaxes ou debuxos dos obxectos, ou tamén grabando un vídeo explicando a construción da frase mostrando os obxectos empregados.


- En segundo lugar, o turno do reto físico. Para isto, precísase a axuda da familia ao completo, o que non vai ser doado. Consiste en coller unha toalla de tamaño medio (non valen alfombras grandes nin toallas de praia, o mellor é unha toalla de baño) e estendela no chan para que toda a familia se coloque enriba dela.
O obxectivo é que lle deades a volta e vos coloquedes todos na outra cara da toalla sen tocar o chan. Buscade un sitio o máis espacioso posible, non queremos feridos nin xarróns rotos jajaja.











Moita sorte a todas e todos!!

martes, 24 de marzo de 2020

Resposta Reto 1

E aquí temos algunhas das respostas ao primeiro reto proposto no xogo "Xaque ao Virus". Noraboa a tod@s polo voso traballo, sodes uns artistas.






Recordade que cantas máis participemos, máis puntos obteremos. Animade os vos@s compañerir@s a participar e desfrutar connosco derrotando ao virus.

Non esquezades completar a vosa autorización de imaxe para que podamos publicar as vosas respostas no blog, preme aquí https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


domingo, 22 de marzo de 2020

Reto 1

A unión fai a forza!
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida, xa que será o que nos axude a gañar moitas batallas e como non, esta non é menos.

Así que comecemos por facer noso este lema e, sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obrigatorio nestos días uníndonos e facéndonos fortes: #QuedaNaCasa

O reto consiste en facer visible este #QuedaNaCasa con debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.
Se conseguimos ter un mínimo de 25 mostras, obteremos os 10 "antivirus" (puntos) necesarios para subir de nivel no xogo Xaque ao virus.

Es quen de facelo?  Sinxelo, non? Pois adiante!!


Se estás interesado en que se publique a resposta
do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: