venres, 22 de maio de 2020

Reto 27

Olá, bo día a todos e todas, xa está a chegar a fin de semana. A disfrutala, pero xa sabedes, con moito sentidiño respectando as normas e mantendo a distancia de seguridade nas nosas saídas.
Hoxe deixamosvos uns retos moi divertidos e sinxelos para pasar un bo rato na casa.

Para manter a "mente en forma" os deixamos un vídeo no que aprenderedes a facer unha marioneta con materiais que temos na casa.

E para manter o "corpo en forma" os propoñemos xogar a "tinieblas", un xogo de escondite moi divertido para os nenos. Pódese xogar de maneira tradicional, ás escuras, un conta ata vinte e os demáis agóchanse sen facer ruído. Ou tamén, para os máis peques que lles pode dar medo a escuridade, pódese xogar tapándolle os ollos o que pilla e xogando coas luces acesas. Moi importante nos dous casos, os que están agochados non deben facer ningún ruido e tampouco moverse para non darlle pistas o que pilla e que non o descubran. 


*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:




*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:




mércores, 20 de maio de 2020

Reto 26

Ola a tod@s!
 Xa estamos aquí outro día máis para plantexarvos dous novos retos.

O primeiro deles é o reto mental, hoxe tocan uns acertixos para que poidades adivinar a resposta, están no seguinte video...

https://youtu.be/y7fEFZip3UQ

E o reto físico é o seguinte:



O xogo consiste en tirar dous dados e realizar a postura que corresponda ós dous números que sairán. O número do primeiro dado que tires corresponde á fila horizontal, o número do segundo dado que tiraches pertence á columna vertical.
Antes de facer a postura poden restar, sumar ou multiplicar os números dos dados. Fomentando tamén así o cálculo matemático. O que consigara realizar as figuras dunha mesma columna ou fila anótase un punto.

Agardamos as vosas respostas!

Ata o venres que volveremos con máis retos!



*Enviádenos as vosas respostas en fotos ou videos a través do noso mail:
fapasmariabarbeito@gmail.com

*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


luns, 18 de maio de 2020

Reto 25

Olá, bo día a todos e todas. Comezamos a semana facendo un pouco de deporte. Para o "reto físico " hoxe temos uns circuítos de habilidade con balón. A continuación tedes como se fai. 


Por outro lado, e como onte foi o Día das Letras Galegas, o "reto mental" é unha adiviña na nosa lingua. Imos ver quen é capaz de acertar. 


domingo, 17 de maio de 2020

Día das Letras Galegas

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero. A continuación deixamosvos un vídeo sobre a personaxe.

A continuación, os amosamos un poema do autor adicado a súa cidade natal compartido polos nosos amigos das bibliotecas municipais. 


E por último, uns debuxos para colorear para os nenos baseados na súa obra feito pola Real Academia Galega. 







sábado, 16 de maio de 2020

Xogo en casa

XOGO EN CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS.
CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE ZOOM.

venres, 15 de maio de 2020

Reto 24

Boas a todas e todos, unha vez máis, temos novo reto para vós!

- Como reto físico traémosvos un xogo chamado "Xigantes e ananos", para este, precisaredes como mínimo a unha persoa que compinta contra vós e a outra que diga as ordes.
A persoa que non compinte, ao que poderíamos chamar director,  irá dicindo aleatoriamente as palabras "xigantes" e "ananos". Cando o director di "xigante", os xogadores teñen que permanecer de pé (ou incluso saltar), en cambio se di "anano", estes terán que se agachar.
No caso de que un se equivoque, é descalificado e así ata que só quede un.

- Como reto mental temos "os detectives" onde teredes que descifrar unha mensaxe oculta que crearán os vosos pais para encontrar un tesouro (coma unha bolsa de gominolas, por exemplo).
Aquí vai un exemplo de cómo sería a mensaxe: "RPAA LGALER LA SORTEO ULTOCO SEBED CZARRU EL PIOAT ED LA LESACUE EN DLAGOINA. TRDEÁS DE NUA ACTAME OCN NAU APNTLA, ÁALLHARS EL RSOOTE RAPA IT".
E a resposta sería: "Para llegar al tesoro oculto debes cruzar e patio de la escuela en diagonal. Detrás de una maceta con una planta, hallarás el tesoro para ti".


Espero que vos gusten os xogos de hoxe, cuidádevos moito e sempre con sentidiño na rúa!




xoves, 14 de maio de 2020

Videochamada

Ola! Lembrade que mañá 15 de maio ás 16:00 faremos unha videochamada cos nenos e nenas das actividades de patinaxe e ximnasia pero podedes participar todos os que queirades.
Onte deixamos un reto cada actividade e mañá se queredes podedes amosar como o facedes.

Contamos convosco, vémonos!