venres, 17 de abril de 2020

Reto 12

Hoxe para rematar a semana imos darlle un pouco de ritmo ó corpo.

Para manter a mente en forma a proposta é aprender o xogo de manos tradicional "Chocolate". Convence a papá ou a mamá para que o aprenda contigo. Abaixo tedes un vídeo de como se fai.


E para manter o corpo en forma, a proposta é facer un xogo tradicional con goma elástica. Vos deixamos un exemplo pero se sabedes outro tamén nos serve.


Animádevos a facer os xogos e enviádenos un vídeo para que os vexamos. Moito ánimo e bo fin de semana. 


*Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario