luns, 27 de abril de 2020

Reto 16

Boas rapazas e rapaces!

Seguro que estaredes moito máis contentos porque xa podedes sair un ratiño á rúa a pásalo ben, pero xa sabedes, sempre respetando as normas.

E aquí van os retos de hoxe...

Para o reto mental precisaredes uns folios, lapices de cores e un parvde tapóns. O reto consiste en facer debuxos como os que se amosan no seguinte video e despois cun tapón en cada man pasalo polas liñas dos debuxos, pode parecer sinxelo, pero cando o intentedes non o será tanto...



E para o reto físico de hoxe, tedes que facervos cun compañeiro e moita coordinación para facer o que dous sanitarios (aqueles polos que saimos a aplaudir tódolos días á fiestra polo gran traballo que están a facer), estamos desexando ver os vosos videos!



Pasádeo ben  e volvemos o mércores con máis retos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario